Rematou a cumbre do clima

Parece que a Cumbre de Copenhague non chegou a grandes acordos para frear o quentamento global. Durante esta importante cumbre, só se conseguiu aprobar un documento de mínimos que recolle os seguintes acordos:

Limite de 2 ºC de quentamento durante este século.

Gases de efecto invernadoiro. Os países industrializados deben presentar antes do 30 de xaneiro de 2010  os obxectivos nacionais de redución de emisións para o 2020. A redución dos países emerxentes dependerá da axuda financeira e tecnolóxica que reciban.

Fondos. Os países industrializados axudarán aos países en vías de desenvolvemento 30.000 millóns de dólares entre o 2010 e o 2012 para axudarlles a facer fronte aos efectos do cambio climático e promover o desenvolvemento non contaminante.

Deforestación . Destinar fondos para protexer os bosques (non se precisa canto)

Supervisión. Os países emerxentes e en vías de desenvolvemento serán sometidos a análise e consultas internacionais sobre o estado do medio ambiente.

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta