Que é a pegada ecolóxica?

A pegada ecoloxica é un indicador ambiental que nos indica o impacto que produce unha comunidade humana sobre a súa contorna considerando tanto os recursos necesarios como os residuos xerados para o mantemento do modelo de produción e consumo dá comunidade.

A pegada ecolóxica exprésase como a superficie necesaria para producir os recursos consumidos por un cidadán medio dunha determinada comunidade humana, así como a necesaria para absorber os residuos que xera, independentemente da localización destas áreas.

Cantos planetas Terra necesitaríamos  para seguir co nivel de consumo que temos na nosa sociedade?

Que superfice de territorio (cultivos, pastos, bosques, ecosistemas acuáticos) necesitades cada un de vos para manter o tipo de vida que facedes?

Nesta ligazón podes calcular a túa pegada ecolóxica

 http://www.vidasostenible.org/CIUDADANOS/A1.ASP

http://twenergy.com/test-eficiencia-energia/crear?gclid=CJ2buYDel6ECFdGX2AodS3cfOg

 http://www.myfootprint.org/es/visitor_information/

Atoparás moitas más calculadoras ecolóxicas en internet, pero esta é moi completa.

Busca un gráfico comparativo entre as pegadas ecolóxicas de distintos países e interpreta os resultados.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta