Canto ocupa unha tonelada de CO2

P1140027.JPG

O CO2 é o mais coñecido dos gases de efecto invernadoiro  e polo tanto contribuidor ao quentamento global. Os países negocian sobre canto emitir cada un, os que máis emiten pagan aos que menos para poder producir máis (nestes momentos anda a 15 € a tonelada).

Canto ocupa ( volume) unha tonelada de CO2?, pensástelo algunha vez?.  Calculade primeiro o volume a 0ºC e 1 atm e despois pasádeo á temperatura e presión atmosférica do momento no que fagades o cálculo .  Buscade os datos  nunha páxina  de meteoroloxía.

Como poderías calcular as toneladas de CO2 que tú emites á atmosfera por un período de tempo determinado ?.

Os bosques son sumideiros de CO2, Galicia conta con moitas hectáreas de monte arbolado.

Canto CO2  pode absorber  un pino, un carballo, un eucalipto, un castaño….  nun determinado período de tempo . Búscade en internet e deixádeme os datos en comentarios.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta