PROXECTO FOLTRA

Foltra é o nome da clínica dirixida polo médico e científico Jesús Devesa e pola súa muller, Ana Peleteiro. Situada en Cacheiras, esta clínica acolle a centos de persoas que contan con algún tipo de dano neurolóxico, aquelas persoas cuxas enfermidades eran consideradas imposibles de curar. Porén, Foltra e sobre todo o seu director, Jesús Devesa, estalles a ofrecer a todos eles unha posibilidade de recuperarse, de volver a contar coa vida que tiña antes de caer enfermemos ou, polo menos, de mellorar enormemente a súa situación actual.
Este proxecto naceu cando o fillo de Jesús Devesa, un rapaz de 22 anos con toda a vida por diante, sufriu un accidente e quedou postrado muha cama. Naquel mometo, tódolos especialistas aseguraron a Jesús que o caso do seu fillo estaba perdido, que nunca podería recuperarse e seguiría sendo sempre un vexetal. Porén, Jesús negouse a pensar que iso fose así e decidiu aplicar ao seu fillo un tratamento que levaba estudando el mesmo dende facía anos en animais, nos cales se estaban a producir uns resultados moi positivos: a aplicación da hormona do crecemento para paliar danos neurolóxicos, combinada coa fisioterapia e a logopedia. Tralo éxito que dito tratamento tivo no seu fillo, o doutor Devesa decidiu crear unha clínica na que puidese desenvolver o seu método revolucionario en centos de persoas.
Foi así como naceu Foltra, clínica que leva por nome a primeira palabra que dixo o seu fillo ao saír do coma e que se está a converter nun centro pioneiro a nivel mundial da aplicación de factores neurotróficos na rexeneración neuronal. A ela chegan enfermos de toda España e tamén de países estranxeiros, coma México ou Arxentina. Como curiosidade, cabe citar que ata o príncipe Kardam de Bulgaria está a recibir en Cacheiras este tratamento.

Persoalmente, penso que o labor que está a levar a cabo este científico é magnifico, xa que está dando oportunidades de mellorar a súa vida a moitas persoas. Ademais, penso que o seu traballo debería ser máis recoñecido, xa que se trata dun tratamento pioneiro no mundo.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.