A química do amor é unha expresión acertada.Os síntomas do enamoramento que moitas persoas perciben algunha vez,son o resultado de complexas reacións químicas do organismo que nos fan a todos sentir apróximadamente o mesmo,aínda que o noso amor o sintamos como único no mundo.Entre as reacións emocionais hai electricidade(descargas neuronais) e hai quimica(hormonas e outras sustancias que participan). Elas son as que explican boa parte dos signos do enamoramento.
O verdadeiro enamoramento parece ser que sobreven cando o cerebro libera feniletilamina(FEA), composto orgánico da familia das anfetaminas. Esta sustancia aumenta a enerxía fisica e a lucidez mental. Co tempo o organismo vaise facendo resistente ós efectos destas substancias e toda a loucura da pasión vaise gradualmente, a fase de atraccion non dura para sempre,dando paso a un amor mais sosegado. Trátase dun sentimento de seguridade,comodidade e paz.
Este estado está asociado a outra loita quimica.Neste caso son as endorfinas-compostos quimicos naturales de estrutura similar a da morfina e outros opiáceos-os que conteñen a sensación común de seguridade comezando unha nova etapa,a do apego.
Ao extinguirense as sensacións do enamoramento, o nivel de FEA derrumbase e o corpo experimenta unha especie de “síndrome de abstinencia” que coincide coa ansia de comer chocolate(rico en feniletilamina) que senten moitas persoas tras romper coa sua parella.
Para coñecer máis sobre a feniletilamina: http://centros5.pntic.mec.es/ies.victoria.kent/Rincon-C/Curiosid/Rc-51.htm