Durmir a sesta axuda a aprender.

Os preescolares que dormen unha sesta ao mediodía reteñen mellor o que aprenderon durante a mañá que os nenos que non dormen ao longo do día, segundo un estudo da Universidade de Massachusetts (EE UU)que publica a revista Proceedings of the National Academy of Sciences.

Diversos estudos recentes mostran que o soño nocturno potencia a aprendizaxe, consolidando a información e aumentando a eficacia do almacenamento da memoria, pero até agora descoñecíanse os efectos da sesta. Nun experimento con 40 preescolares, Rebecca Spencer e os seus colegas desenvolveron un test vespertino de memoria visual-espacial para comprobar a retentiva de coñecementos adquiridos durante a mañá. A metade dos suxeitos durmira a sesta, e o resto non. Os resultados mostraron que a memoria se consolidou e a aprendizaxe era maior naqueles nenos que botaran unha cabezada, confirmando o valor da sesta para a memoria nas etapas da vida dedicadas á aprendizaxe.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta