Reciclar televisores

Os aparellos de televisión experimentaron cambios drásticos nos últimos anos grazas á chegada das pantallas planas LCD, LED e de plasma. Estas tecnoloxías novas han substituído case por completo ás anteriores de tubo de raios catódicos (CRT), antes moi comúns nos fogares. O que moitos descoñecen que este último tipo de televisores contén materiais perigosos como o chumbo e o fósforo e deben reciclarse de acordo a unhas pautas adecuadas.(efectos nocivos do chumbo)(efectos nocivos do fósforo)

Un proxecto europeo denominado GLASS PLUS («Sustainable ceramic tiles from cathode ray tube») desenvolveu fai un par de anos un método para recuperar o vidro dos televisores CRT que acaban nas plantas de reciclaxe e empregalo como materia prima na produción de azulexos cerámicos de alta calidade. A finais  do proxecto en 2011 xa se produciron máis de 600.000 metros cadrados de azulexo cerámico e reducido os residuos de CRT destinados a vertedoiros en preto de 3 .000 toneladas.

http://www.muyinteresante.es/tecnologia/preguntas-respuestas/para-que-se-pueden-usar-los-televisores-antiguos-231380542729

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Recursos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta