Recuperan o meteorito que caeu nun lago ruso.

Inxeñeiros e científicos rusos recuperaron anacos dun meteorito que caeu a principios deste ano despois de desintegrarse dramaticamente  nun lago cerca da cidade de Chelyabinsk (centro de Rusia), o que provocou unha perforación de seis metros de ancho no xeo da superficie.

Os científicos afirman que a rocha recuperada parece ser o fragmento máis grande dun meteorito atopado ata agora. Máis de 1.000 persoas resultaron feridas cando o meteorito de 17 metros e dunha masa de 10.000 toneladas explotou sobre Rusia o 15 de febreiro.

Como conseguiron sacar o meteorito?

Os buzos primeiro cubriron a roca cunha manta especial e colocaron unha placa de metal debaixo desta para arrastrala e sacala da auga, pero tiveron problemas cando o equipo intentaba levantar a roca con palancas e cordas para “pescala”, pois esta rompeuse en tres grandes anacos. Colocaron un dos fragmentos sobre unha báscula para intentar pesalo, pero esta rompeuse en canto a agualla marcou 570 kg

A misión dos buzos veuse obstaculizada por varios factores: o fragmento caeu a unha profundidade de 13 metros; non os 6 ou 8 metros que se pensaban inicialmente.

Agora o plan é transportar os trozos recén recuperados á Universidade de Chelyabinsk para sometelos a análisis científicos e confirmar a súa procedencia.


Fonte: BBC

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.