Mosquito fosilizado con restos de sangue

Un paleontólogo estadounidense atopou un mosquito fosilizado, este estaba fosilizado en rocha e é raro xa que o normal é que estean fosilizados en ámbar, onde mellor se conservan. Este mosquito ainda contiña sangue líquida no interior do seu estómago. Os expertos din que o sangue podería ser de hai uns 46 millóns de anos pertencente  a algunha ave. O hachazo é unha das poucas probas  primitivas que perduran da hematofaxia, un comportamento, que a pesar de que na actualidade hai sobre uns 14.000 especies de insectos hematófogos, parece ser que foi evolucionando independentemente en diversos organismos, xa que non se encontran moitos rastros de fósiles.

Según o paleontólogo Dale Greenwalt estaba buscando insectos nunha montaña cando atopou este fósil. Esta noticia foi publicada na revista PNAS de EE.UU (Proceeding of the National Academy of  Sciences). A continuación procederase a estudiar o seu ADN. Según as súas características externas, os investigadores apuntan que este insecto viveu moito despois da extincion dos dinosaurios; pola contra a sangue do seu abdomen procede dun sucesor destes, o que pode aportar moitos datos, dixo Greenwalt.

Referente á sangue do seu interior, os resultados das probas que se fixeron con raios X determinan que productos químicos están presente na sangue. Os resultados mostran que dentro do animal hai restos de ferro e porfirinas (que unen ao ferro ca sangue), con estas probas o científico fai alusion a que o do interior do insecto é sangue da súa última víctima.

http://www.europapress.es/ciencia/noticia-hallan-mosquito-fosilizado-sangre-hace-46-millones-anos-20131015141448.html

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/encuentran-un-mosquito-fosilizado-con-sangre-de-hace-46-millones-de-anos-281381843616

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta