Por que no sur de europa temos a pel máis clara?

selección natural parece ser a causante de que os habitantes do sur de Europa teñan a pel blanca, xa que ocasionou unha mutación xenética(que facilita a síntese da vitamina D e produce unha maior sensibilidade ao melanoma) fai entre 30.000 e 50.000 anos, despois da saída do homo sapiens en África, segundo unha investigación da Universidade do País Vasco

O estudo, dirixido polo investigador da Universidade pública vasca Santo Alonso, realizouse sobre máis de 1000 persoas de diferentes zonas de España e foi publicado na revista Molecular Biology and Evolution.

Os autores do traballo explicaron que a cor da pel e do pelo está, en parte, determinado polo xen MC1R, que é o que regula a síntese da melanina. Este xen é moito máis diverso nas poboacións euroasiáticas que nas africanas, xa que hai máis combinación de xens europeos e asiáticos que calquera destes con africanos.

Según  o estudo, dúas forzas evolutivas parecen estar actuando sobre o xen MC1R nos europeos do sur:

Por un lado, unha presión selectiva tende a manter a forma orixinal do xen, é dicir, tende a ir eliminando as mutacións (que é a máis común en África) e por outro, unha desas mutacións, a V60L, a cal se asocia coa pel clara e o pelo rubio e louro, aparece en frecuencias máis altas do esperado.  Este cambio puido resultar moi beneficioso na adaptación do novo medio, xa que a pel clara facilita a síntese de vitamina D, algo moi necesario, debido a que a reacción utravioleta é máis baixa no sur de Europa que en África. A vitamina D é necesaria para o crecemento, xa que é moi importante para a mineralización dos óso e o desarrollo do esqueleto. Pero esta mutuación está tamén asociada a unha maior sensibilidade ao melanoma, que é o tipo de cáncer de pel máis perigoso.

Entón, a despigmentación, fruto da selección natural, é algo necesario no sur de Europa para unha mellor adaptación e evolución, pero tamén ten efectos negativos, xa que aumenta o risco de padecer melanoma.

http://noticiasdelaciencia.com/not/8413/_por_que_en_el_sur_de_europa_tenemos_la_piel_clara_/

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/3847587/sociedad+ciencia/los-europeos-tienen-la-piel-clara-por-una-muta#.UlPQ3tLt-ag

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.