Un equipo de astrónomos que traballan na misión Hubble da NASA e da Axencia Espacial Europea (ESA) descubriron no cinturón de asteroides un corpo que en lugar de ter unha cola como tódo-los demais cometas, tiña seis.
Este asteroide foi visto foi primeira vez no mes de agosto deste mesmo ano a través do telescopio Pan-Starrs de Hawaii, pero non foi ata o mes de setembro cando o telescopio Hubble se aproximou a el para fotografialo. Este cometa foi bautizado como P/2013 P5.
Segundo os astrofísicos que o descubriron, a explicación máis probable sexa quea súa velocidade de rotación aumentou ata chegar a un punto no que a súa superficie comezou a desfacerse.
Por outra banda, descartan que se trate dun asteroide tras un impacto, xa que de ser asi, a gran cantidade de pó que vai deixando estenderíase polo espacio dunha soa vez, e non durante varios meses, como é o caso.
Por agora, o equipo está seguíndoo para determinar se o pó sae do plano ecuatorial do asteroide, o que sería unha evidencia dunha ruptura de rotación do corpo espacial.

Instantánea do asteroide feita pola NASA