Viaxe a Marte en 90 días

A NASA prevé chegar ó planeta vermello na década de 2030

Enviar astronautas a Marte a bordo dun foguete espacial impulsado por fusión nuclear <<no es un sueño de ciencia-ficción, sino un proyecto totalmente alcanzable>>, sinalan expertos en tecnoloxía.

Os científicos anotaron que será cuestión de décadas que un destes aparatos faga viaxes en 90 días ao planeta vermello.

Empregando os combustibles e sistemas de propulsión actuais unha viaxe a Marte de ida e volta dura arredor de catro anos. Pasar tanto tempo no espazo suporía un enorme risco para a saúde dos astronautas, que se verían espostos a grandes cantidades de radiación; ademáis, os custos serían, aproximadamente, de 12.000 millóns de dólares. O desenrolo dun sistema de propulsión máis rápido, práctico e económico é o obxectivo principal da Administración Nacional da Aeronáutica y del Espacio (NASA), que pretende levar humáns a Marte a mediados da década de 2030. Por mor disto, a axencia espacial do goberno estadounidense chegou a un acordo coa compañía de tecnoloxías de propulsión espacial MSNW. Os investigadores están desinando este foguete espacial en torno a unha posible misión tripulada a Marte que duraría un total de 210 días (83 días para a viaxe, 30 días na superficie do planeta e 97 días para volver á Terra).

¿Cómo funcionaría este foguete?

A fusión prodúcese cando os núcleos de dous ou máis átomos combínanse e liberan enerxía (de forma similar á que fan o Sol e o resto das estrelas). Agora, o equipo de científicos está traballando en comprimir o plasma de dous isótopos de hidróxeno, deuterio e tritio, e así poder propulsar o foguete espacial.

Este plasma é introducido en forma de burbulla nunha cámara, onde sería comprimido ata acadar o estado de fusión. A enerxía liberada polas reaccións de fusión quentaría e ionizaría o armazón, creando un movemento de empurre na parte traseira da nave, que provocaría que esta se propulsase. Uns paneis solares xerarían a enerxía necesaria a bordo da nave espacial para poñer en funcionamento todo o seu sistema. Anthony Pancotti, supervisor da misión, asegurou que <<No hay ninguna razón para dudar de la viabilidad de este concepto>>. <<Este es probablemente el sistema más simple y directo y de más bajo coste que se pueda imaginar>>.

PÁXINAS EMPREGADAS:

http://www.europapress.es/ciencia/noticia-viajar-marte-cohete-fusion-nuclear-no-fantasia-20131007180318.html#AqZ1DIChbFX6OSWo http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/idean-un-cohete-para-viajar-a-marte-en-solo-30-dias-431365423334 http://informe21.com/ciencia-y-tecnologia/viajar-a-marte-en-un-cohete-de-fusion-nuclear-no-es-una-fantasia http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/08/ciencia/1381224406.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta