Cafeína en spray

Millóns de persoas en todo o mundo toman café pola mañá, xa que a cafeína que contén esta bebida é un estimulante natural que nos axuda a ficar espertos ao longo do día. Agora, como alternativa, un antigo estudante da Universidade de Harvard creou o “Sprayable Energy” (que en galego quere dicir “enerxía pulverizable”).

Trátase dun spray que contén unha solución de auga, cafeína (cuxa estructura molecular, ao igual ca da nicotina, permite que poida ser absorbida directamente a través da pel) e tirosina, un aminoácido que permite incrementar a concentración de cafeína na auga. Ademáis, é incoloro, inodoro e compatible co uso de perfumes.

O produto proporciona enerxía durante un periodo de tempo moi longo (xa que a cafeína é absorbida polo noso corpo cun ritmo constante), ao contrario que o café ou as bebidas enerxéticas, que provocan un subidón durante un breve momento. Recoméndase rocia-lo spray no pescozo como máximo seis veces ao día e non superar as 24 pulverizacións nese periodo (xa que catro delas equivalen ós efectos dunha taza de café).

O producto non foi sometido a estudos clínicos xa que non se trata dun medicamento, así que, máis alá do que afirman seus inventores, non podemos estar seguros de cal é a cantidade de cafeína que chega realmente ao torrente sanguíneo e, polo tanto, cal é a súa verdadeira eficacia.

Polo momento “Sprayable Energy” é un éxito. En agosto comezaron a recaudar fondos e xa superaron os 160.000 dólares. Nunhas semanas empezarán a enviar o spray por Internet a un prezo de 15 dólares por frasco, e esperan que esté nas tendas no vindeiro ano; aínda que non será vendido a menores de 18 anos e embarazadas.

PÁXINAS EMPREGADAS:

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2013/10/131002_ciencia_energia_spray_cafeina_cafe_jg.shtml

http://www.muyinteresante.es/tecnologia/articulo/inventan-la-cafeina-en-spray-121381400415

http://sprayable.co/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta