Por que os humanos nos podemos camiñar en línea recta?

 

Camiñar pode ser máis difícil do que parece. O Instituto Max Planck de Cibernética Biolóxica confirma en diversos estudios que se andamos, nadamos, conducimos ou navegamos cos ollos vendados, sen visibilidade ou ningún tipo de referencia, antes ou despois terminaremos facendo círculos, pois é imposible para o ser humano poder moverse en línea recta sen referencia.

Os científicos aínda nos poden determinar por que isto ocurre. Hai teorías que afirman que, cando camiñamos, os nosos ollos envían sinales ao cerebro para correxir a nosa traxectoria e este envía unha serie de instrucciones ao aparello locomotor, correxindo as posibles variaciones e alteraciones á hora de camiñar recto. Por iso, se pechamos os ollos, as nosas pernas non reciben as instruccións axeitadas para andar firme e sen torcernos. Outros estudios afirman que se debe á mecánica do noso corpo, xa os pés e os brazos non teñen o mesmo tamaño e os grandes dominan sobre os pequenos. Tamén podería ser polo dominio dun hemisferio cerebral sobre o outro en cada persoa. Son todas teorías posibles e pendentes de ser aprobadas pero que poñen de manifesto o descoñecemento que temos de nós mesmos.

http://www.youtube.com/watch?v=dYcvLw_jkkk

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta