SOS ÁRTICO

Nos últimos trinta anos, o Ártico perdeu a cuarta parte da súa capa de xeo. Isto é catastrófico, porque se desaparece o xeo do Ártico; poderían ocorrer grandes problemas. O xeo é o que mantén o planeta fresco e é o que controla as condicións metereolóxicas e se algún día chegase a desaparecer cambiarían: o clima, o tempo, os montes,…

Para que non suceda, Greenpeace (organización ecoloxista que ten como obxectivo protexer e defender o medio ambiente) realizou unha campaña chamada¨Salvar el Ártico¨; para conseguir que o declaren patrimonio da humanidade e así impedir que moitas industrias, tanto petroleiras como pesqueiras, o eliminen.

En 1979, a Antártida tamén estaba en perigo polas mismas razóns que o Ártico; entón, Greenpeace realizou unha dura campaña en contra diso. Co paso do tempo, coa axuda e o apoio das persoas de todo o planeta, conseguiron que declararan a Antártida como patrimonio da humanidade.

Eu penso que se poidemos salvar a Antártida, tamén podemos salvar o Ártico; só necesitamos colaborar.

Fonte: http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Frenar-el-cambio-climatico/Salva-el-Artico/

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.