Mais planetas habitables?

Dos aproximadamente 100.000 millóns de estrelas que se atopan na nosa galaxia, ¿cantas poden ter un planeta dentro da zona habitable orbitando ao seu redor? Esta é a pregunta que se realizaron os investigadores da Universidade de California en Berkeley e a Universidade de Hawai. E é que para que poida haber vida (tal e como a coñecemos nós) é necesario que teña auga, como na Terra, é dicir a unha distancia nin moi lonxe nin moi preto da súa estrela.

Os investigadores analizaron miles de datos recollidos polo telescopio espacial Kepler e o Keck, situado en Hawai. A súa conclusión: ao redor do 22% das estrelas parecidas ao Sol (a nivel de temperatura) teñen planetas dun tamaño similar á Terra (entre unha e dúas veces o seu tamaño) e orbitan ao seu redor a unha distancia dentro da zona habitable.

Con todo, que se den ditas condicións non é un valor seguro para que exista auga líquida e vida noutros planetas.

Fuente: http://www.muyinteresante.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, A Terra e a Lúa, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta