Fenómenos naturais dignos dun “expediente X”

Covas de cristais xigantes, cascadas de sangue, pedras que s emoven soas…son algúns dos exemplos dos fenómenos que ocorren na terra e que ainda non teñen unha explicación clara.

Cova de cristais xigantes: esta cova esta situada na Mina de Naica, en México, concretamente no estado de Chihuahua, atópase a un 300 metros de profundidade. Esta cova ten cristais de 12 mentros de lonxitude e 1 de ancho, ademáis goza dunha espectacular beleza, pero na realidade é un inferno debido os 50 graos centigrados que hai no seu interior e o 98% de humidade, o ser humano só aguantaria un minutos dentro sen deshidratarse.

Pedras que se moven soas: isto ocorre no Val da Morte, en California (EE.UU.). As pedras movense  e van deixando un rastro de por onde pasaron, algunhas incluso teñen o tamaño dun ser humano. Un científico planetario cre que isto ocorre debido o xeo, di que as pedras crean unha capa de xeo frotante con unha especie de quilla que cava un sendeiro no barro, polo que cunha brisa as pedras moverianse.

Cascadas de sangue: están situadas no glacial de Taylor, nos Vales  Secos de McMurdo, na Antártida. A auga que emana destas cascadas é de cor vermella, moi similar a cor do sangue. Ó principio críase que isto se debía as algas vermellas, pero uns análisis mostraron que se debía a acumulación de óxido de ferro mas sales da auga.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20131120/abci-fenomenos-naturales-dignos-expediente-201311201111_4.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta