O animal máis feo do mundo

A Sociedade para a Conservación dos Animais Feos, no Reino Unido, escolleron o peixe gota ou peixe borrón como o animal máis feo do mundo. Esta criatura rosada e gelatinosa, cunha densidade apenas maior que a auga, ten aspecto de monstro, está dotado dun enorme nariz e é capaz de soportar a presión das grandes profundidades mariñas. Aínda que podería estar en perigo debido a pesca de arrastre. A organización convocou o orixinal concurso para elixir o animal menos agraciado do mundo a través de Internet co fin de chamar a atención da sociedade sobre especies pouco coñecidas e ameazadas.

Fonte: http://www.muyinteresante.es/naturaleza/articulo/el-animal-mas-feo-del-mundo-331379262908

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta