O último segredo de Tutankhamón

Por primeira vez encóntrase un fragmento do impacto dun cometa sobre a Tierra, que fundeu a area do deserto en vidros empleados como xoias polos antigos exipcios.

Cando en 1922 Howard Carter y Lord Carnavon descubriron a tumba do faraón Tutankhamón no Val dos Reis, a noticia deu a volta ao mundo, nunha  época na que semellante difusión non era algo fácil de conseguir. Entre as marabillas encontradas polos arqueólogos naquel mausoleo, a imaxe da máscara funeraria de ouro foi sempre a máis popular. E sen embargo, hai outra peza que non levantou tanta admiración no seu día, pero cuxa imaxe está dando a volta ao mundo hoxe, 91 anos despois do descubrimento.Trátase dun peitoral, un colgante cun gran escarabello de vidro de sílice no seu centro. A xema, puída polos artesáns, era un dos chamados vidros do deserto de Libia, pedras de cor amarela que se encontran dispersas nun área de 6.000 km² do Sáhara, que teñen uns 28 millones de anos de antigüedad e que son coñecidas dende o Pleistoceno. Non así a súa orixe: para que a area cristalice deste modo requiere unha temperatura extremadamente alta, o que suxería a explosión dun meteorito. Agora, un equipo multidisciplinar de científicos sudafricanos desentrañou por fin o secreto destos vidros e, con esto, mostrou a primeira proba xamais coñecida do impacto dun cometa sobre a Terra. Os resultados publicáronse na revista Earth and Planetary Science Letters e presentáronse  nunha conferencia na Universidad sudafricana de Witwatersrand.

Coñécense moitos casos de impacto de meteoritos no noso planeta. Pola contra nunca se encontraron restos de cometas, a excepción dalgunhas partículas de po a gran altitude na atmosfera e de certos residuos carbonados no xeo da Antártida. “Os cometas sempre visitan os nosos ceos; son esas bólas de neve sucia, de xeo mezclado con po. Pero nunca antes na historia se encontrou material dun cometa na Terra”, sinala o coautor do novo estudo David Block, de Witwatersrand.

De feito, o interés científico deste tipo de material impulsou o desenrolo de misións espaciais destiñadas á recollida de mostras destos corpos errantes.“A NASA e a Axencia Europea do Espacio (ESA) gastan miles de millóns de dólares en recoller uns poucos microgramos de material de cometas e traelos de volta á Terra”, apunta o diretor do estudo, o xeoquímico da Universidade de Johanesburgo, Jan Kramers. “Agora temos unha abordaxe radicalmente nova para estudar este material”, presume.

O traballo de Kramers, Block e os seus colaboradores non se limita a explicar a cristalización da area, senón que revela un enorme descubrimento, un fragmento do cometa que provocou o fenómeno. O seu traballo centrouse nun misterioso “guijarro” negro que un xeólogo exípcio encontrou fai anos nunha zona de vidro de sílice ó sudeste de Exipto. Nun principio pensaron que podía tratarse dun tipo inusual de meteorito, pero as análisis quimicas practicadas sobre a pedra descartaron unha a unha todas as hipótesis. Non era carbón terrestre, nin rocha meteorítica, e sen embargo certos isótopos apuntaban sen cuestion a unha orixe extraterrestre. Só quedou unha explciación: tiñan entre mans o primeiro especimen macroscópico procedente do núcleo dun cometa. Kramers recorda o momento con emoción: “É a típica euforia científica, cando eliminas todas as demais opcions e chegas ao convencemento do que debe ser”.

Microdiamantes Hipatia

O descubrimento permitiu aos investigadores reconstruir o sucedido hai 28 millóns de anos, cando un cometa penetrou na atmosfera terrestre e explotou sobre Exipto, esparcindo os seus restos e fundindo a area  do deserto a unha temperatura duns 2.000 ºC. Ademáis dos vidros de sílice, a enorme calor provocou a formación de microdiamantes como os que se encontra dentro do “guijarro” negro, ó que os científicos bautizaron como Hipatia, na honra á  matemática e astrónoma de Alejandría. “Os diamantes prodúcense a partir de material de carbono. Normalmente fórmanse nas profundidades da Terra, onde a presión é moi alta, pero tamén podes provocar unha gran presión cun impacto.Parte do cometa impactou e a onda expansiva produciu os diamantes”, detalla Kramers.
Quizaibes sea un dos ultimos segredos da tumba de Tutankhamón que quedaban por revelar, pero en cambio Hipatia non fixo senón comenzar a mostrar os seus. O descubrimento motivou a posta en marcha dun proxecto  internacional máis amplo e ambicioso destiñado a escoitar  o que este “guijarro” pode contarnos sobre as nosas propias orixes. “Os cometas conteñen os secretos da formación do noso Sistema Solar, e temos unha oportunidade sen precedentes para estudar material dun cometa de primeira man”, conclúe Block.

Momento do impacto do susodito meteorito sobre Exipto:


Imaxe da xoia de Tutankhamon:

Mostra do vidro de sílice

 

Guijarro negro:

Fontes:

http://abcblogs.abc.es/nieves/public/post/el-ultimo-secreto-de-tutankhamon-una-joya-creada-por-un-cometa-16118.asp/

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/hallan-evidencias-del-impacto-de-un-cometa-en-una-piedra-del-tesoro-de-tutankhamon-591381493304

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta