Así acabano de certificar os estudios máis completos hasta agora feitos sobre iste tema. Segundo os resultados, os que consumiron sete ou máis porcións de froitos secos a semana teñen un 20% menos de posibilidades de sufrir enfermidades vasculares e cancro.
Exactamente, segundo os datos recollidos por investigadores de varias institucións estadounidenses, tomar certa cantidade de froitos secos reduce nun 29% o risco de sufrir unha enfermidade cardiovascular e un 11% de cancro.
Para chegar a esta conclusión o equipo de investigadores analizou os datos de 118.962 persoas que non tiñan nin antecedentes de cancro, enfermidades vasculares ou infartos cando comezaron a investigar e púxose en marcha este proxecto durante 30 anos.
Según os investigadores o segredo das bondades dos froitos secos esta na gran cantidade de nutrientes que aportan.”Os ácidos graxos insaturados, as proteínas, a fibra, as vitaminas, os minerais ou os fitoquímicos como os flavonoides, carotenoides,…” podrían ser a clave das propiedades “cardioprotectoras, anticarcinogénicas, antiinflamatorias e antioxidantes” dos froitos secos.