Formigas zombies

Un fungo parasitario está a converter ás formigas de Thailandia en “zombies, ” e agora os científicos teñen unha idea máis clara de como e cando leva a cabo esta infección o seu horrible traballo.

O fungo, unha especie de Ophiocordyceps , ten como obxectivo as formigas carpinteiras que poboan a bóveda da selva tropical tailandesa. O parasito secuestra o sistema nervioso das formigas, o que as leva a comportarse de forma anormal (e bastante específica), de modo que axuda ao fungo a reproducirse.
En resumo: Cando son invadidas por este, as formigas se comportan erráticamente e actúan como zombis, o parasito controla o seu cerebro e as fai trasladarse a un lugar axeitado para que o fungo poida esparexer as súas esporas, matando despois a formiga.
Nun estudo recente, os investigadores utilizaron microscopios para observar o interior das formigas afectadas e ver como avanza a infección. Descubriron que o fungo se reproduce e enche lentamente o corpo e a cabeza da formiga, o que provoca que os músculos se consuman e que as fibras musculares se separen.
A infección tarda, dende que comeza, entre tres e nove días en converter as formigas completamente en zombies, segundo descubriron os investigadores. Ao principio, as formigas infectadas levan a cabo a súa rutina normal: viven nos seus niños, interactuar con outras formigas e mesmo se alimentan.

Fonte de información:  nationalgeographic

Hongo desventajado

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta