Non todas as persoas logran ver imaxes en 3D

Non todo o mundo é capaz de ver as imaxes tridimensionales emitidas no cine ou na televisión.

O 3D está formado por dúas imaxes que son xeradas ao mesmo tempo e enviadas os lentes especiais que levamos postos para poder observalo. Alí, as imaxes sepáranse e cada unha é vista por un ollo. No cerebro, acontece un proceso de fusión binocular, momento no que as imaxes únense e xeran a sensación tridimensional.

Pero, por que non todo o mundo é capaz de velo?

Isto ocurre precisamente pola incapacidade destas persoas para realizar a fusión binocular, as imaxes non chegan ao cerebro da forma correcta.

Isto é frecuente entre xente cun “ollo vago”, é dicir, con ambliopía (enfermidade xerada polo estrabismo). As persoas que o padecen, teñen un ollo acondicionado para a visión e outro que funciona como accesorio, xa que ve pero moito peor.

Tamén pode suceder debido a non perfecta alineación dos ollos. Nestes casos aparece a estereopsis que ten como unha das súas consecuencias, a debilitación da fusión binocular. Os especialistas afirman que canto maior sexa o desvío ocular dun paciente, menor será a súa capacidade de fusión.

E ti, podes ver o 3D?

fontes:

  • wikipedia
  • banco de imaxes de google
  • revista “muy interesante”
Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.