¿Como é a Lúa?

Sabemos como se ve a Lúa por fóra desde a Terra, e vimos numerosas fotografías da súa superficie, pero como é o interior da Lúa? Se seguimos a Teoría do Gran Impacto, a Lúa formouse dos anacos desprendidos polo golpe dun obxecto enorme contra a Terra. Desta maneira podemos saber aproximadamente como se formou, e como debería ser por dentro.As probas máis próximas que temos son as mostras que o Apollo tomou na súa viaxe á Lúa, e os meteoritos lunares que caeron na Terra. Se as tomamos como base, podemos saber que a Lúa está formada na súa maioría por rocas de 4,5 billóns de anos, rocas magmáticas, creadas a partir de volcáns que fixeron erupción fai 3,85 billóns de anos, rocas basálticas e brechas, rocas que se formaron polo impacto de asteroides e meteoritos.

A Lúa por dentro:

O interior da Lúa está formado por un núcleo de ferro, seguido por un manto semi sólido, un manto ríxido e a cortiza dura no exterior. Se comparamos o interior da Lúa co da Terra, podemos ver que é moito máis frío. Como é moito máis pequena, perde a calor facilmente no espazo. Soamente o manto semi sólido pode fluír, debido a que as capas máis próximas á superficie son demasiado duras como para moverse. O núcleo está formado por ferro e compón soamente de 2 a 4 % da masa total da Lúa. A diferenza do da Terra, non crea un campo magnético moi grande. Se quixésemos usar un compás non poderiamos, porque non hai suficiente magnetismo.

Fuente: www.astronomía.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, A Terra e a Lúa, CCMC. Garda o enlace permanente.