Alimentos Transgénicos

Os alimentos transxénicos son aqueles que inclúen na súa composición algún ingrediente procedente dun organismo ao que se lle incorporou, mediante técnicas xenéticas, un xene doutra especie.

Grazas á biotecnoloxía pódese transferir un xene dun organismo a outro para dotarlle dalgunha calidade especial da que carece. Deste xeito, as plantas transxénicas poden resistir pragas, aguantar mellor as secas, ou resistir mellor algúns herbicidas. En Europa non todas as modalidades de transxénicos están autorizadas, só algunhas poden ser cultivadas e posteriormente comercializadas.

Os transxénicos, desde o seu nacemento, suscitaron moita polémica. Para Greenpeace os transxénicos incrementan o uso de tóxicos na agricultura, a perda de biodiversidade, os riscos sanitarios non están avaliados, etc.

En calquera caso, sexa cal for a elección final do consumidor, non está de máis saber que produtos conteñen organismos modificados xeneticamente. Con este obxectivo, Greenpeace elaborou a “Guía vermella e verde de alimentos transxénicos”. Na lista verde atópanse aqueles produtos cuxos fabricantes garantiron que non utilizan transxénicos nin os seus derivados nos seus ingredientes ou aditivos. Na vermella están aqueles produtos para os cales Greenpeace pode garantir que non conteñan transxénicos.

 

www.cienciaybiologia.com

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Física e Química 1º Bac. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta