Cidades que poderían desaparecer do mapamundi no 2100.

Que o planeta cambia constantemente, é algo que todos sabemos. Pero… poderíamos ver na nosa vida, como a cidade na que vivimos desaparece? Un grupo de científicos daUniversidade de California elaboraron unha lista de cidades que poderían desaparecer do mapa para o 2100.



NÁPOLES
, ITALIA.
Unha erupción volcánica terminará con este territorio: erupción do Volcán Vesubio, que destruíu Pompeia no ano 79 a.C, o cal se activa cada 100 anos. A última erupción foi no 1944, e a próxima enfrontará aos 4 millóns de habitantes de Nápoles á morte.

 


CIDADE DE MÉXICO, MÉXICO. A causa da desaparición é a escaseza de auga potable e afundimento do solo. A Cidade de México está construída encima dunha zona acuífera, a principal fonte de auga da cidade, e cada vez que un dos seus 20 millóns de habitantes toma auga, a cidade afúndese un pouco. Algunhas partes do territorio afundíronse 9 metros nos últimos 100 anos.

 



VENECIA, ITALIA.
O afundimento do solo pode causar a desaparición desta cidade.Esta cidade vense afundindo dende fai mil anos, pero nos últimos séculos o fenómeno foi máis rápido, e previse que no 2100, Venecia sexa inhabitable. O Goberno xa empezou a tomar medidas.

 

 


SAN FRANCISCO, EE.UU. Un terremoto terminará coa vida de San Francisco. Hai un 75% de probabilidade que cara o 2086 un terremoto de sete graos de magnitude ou máis, poida sacudir esta cidade.

 

 

 


TIMBUKTU, MALI. A desertificación é un grave problema para moitos países no sur do deserto do Sahara. Previse que zonas desta cidade (con importantes mesquitas) queden enterradas.

 

 

 

 


DETROIT, EE.UU. Esta cidade no 2100 estará totalmente cambiada, debido á redución da poboación, xa que dende o 1950, esta reduciuse un terzo.

 

 

 

 

IVÁNOVO, RUSIA. Esta cidade, centro téxtil da Unión Soviética, poderá desaparecer cara o 2100, xa que dende que o 1900 a poboación feminina superou á masculina,  o que diminuíu a taxa de natalidade,e  aumentou a de mortalidade.

 

 

 

WEBGRAFÍA:
Peru.
Wikipedia.
RT Actualidad

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta