1. MONOS TRANSXÉNICOS.
Calcúlase que no 2014 nazan monos transxénicos con deficiencias no sistema inmune ou trastornos cerebrais, cos que poder estudar terapias contra estas enfermidades nos humanos. É un traballo polémico, da man dun equipo de investigación da Universidade de Keio, en Tokio; pero como din os investigadores: necesario, xa que os ratos son un pobre modelo na investigación humana.
2. PRIMEIRO ATERRAXE SOBRE UN COMETA.
O próximo novembro, a nave espacial Rosetta da Axencia Espacial Europea (ESA), será a primeira en aterrar sobre un cometa: o Churyumov-Gerasimenko. A misión pretende estudar dito cometa, para coñecer a importancia destes no orixe da auga na Terra, e a vida.
3. EXOESQUELETO CONTROLADO POLA MENTE.
O proxecto Walk Again ven da man do neurobiólogo Miguel Nicolelis da Universidade de Duke en Durham, Carolina do Norte; e consiste nun exoesqueleto controlado polo cerebro, que permitirá mover as pernas a persoas con lesións da medula espiñal. A inauguración darase no Mundial de Fútbol en 2014.
4. NOVOS FÁRMACOS CONTRA O CÁNCER.
Nivolumab e Lambrolizumab, son dous fármacos con anticorpos que poderían supoñer un verdadeiro golpe al cáncer. Conséguese que as propias defensas do paciente acaben coa enfermidade. O estudo está levado acabo por científicos da Universidade de California-Los Ángeles (UCLA), liderado polo español Antonio Ribas.
5. PEROVSKITA, MINERAL DA ENERXÍA.
A perovskita é un mineral semicondutor, que converte a luz en enerxía eléctrica. É un material barato e fácil de producir. Os investigadores da Universidade de Oxford están pensando facer paneis solares que custen 10 céntimos por vatio, moito menos que os tradicionais.
6. ESPERANZA CONTRA O SIDA.
Dous equipos de investigación tiveron moi bos resultados en terapias contra o VIH en monos, e neste ano as probarán cos humanos. Tamén se probará o tratamento que curou a unha bebé nacida con este virus en Mississippi.
7. SECUENCIADOR DE ADN EN MINIATURA.
Chega ao mercado despois de décadas de desenvolvemento, da man da compañía británica Oxford Nanopore, a tecnoloxía en miniatura para secuenciar un xenoma humano completo a gran velocidade, coma un análise de sangre. Dará resultados en tempo real.
8. LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO.
Nature seleccionou varios traballos do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático. Na investigación cítase un gran proxecto de captura e almacenamento de carbono en Canadá.
9. A ORIXE DO UNIVERSO.
O satélite Planck da Axencia Espacial Europea (ESA) aportará novos datos sobre o patrón do “fondo de microondas cósmico”, no que se basea o Big Bang. Crese que este foi formado pola inflación do Universo despois dunha explosión, e dise que os seus detalles poderían proporcionar evidencias de ondas gravitacionais que perturbaban o espazo-tempo no Universo temperán.
10. REXENERACIÓN DE CÉLULAS NAI.
A empresa Avanced Cell Technology, empresa de Santa Mónica (California, EEUU), levou a cabo o primeiro ensaio en seres humanos con células nai embrionarias para frear enfermidades oculares. A súa técnica consta de implantar células dun embrión humano, manipuladas, para crecer como células do ollo. Espéranse máis avances neste 2014, como curar a enfermidade de Stargardt, unha das principais causas da cegueira en xoves.