O satélite Gaia creará o maior mapa en 3D da Vía Láctea

La Agencia Espacial Europea  lleva a cabo su último lanzamiento del año, se trata de un proyecto que servirá para realizar un gran catálogo de estrellas. Gaia cuenta con una gran cámara que captara durante cinco años imágenes en alta resolución.

Recreación del satélite Gaia

A Axencia Espacial Europea (ESA, nas súas siglas en inglés) lanza a misión Gaia, un satélite que medirá as distancias e movementos de mil millóns de estrelas da Vía Láctea cunha precisión “histórica”. O lanzamento produciuse desde a base espacial europea en Kourou (Guayana francesa).

Este será o último lanzamento do ano desa, que afronta a misión de crear un mapa 3D e en alta definición da Vía Láctea, e que conta cunha participación “moi activa” de España.

Segundo indicou o portavoz da axencia espacial, Javier Ventura-Traveset, o satélite xerará un mapa tridimensional da Vía Láctea cun nivel de detalle sen precedentes,  estudando a posición e o movemento de mil millóns de estrelas.
Ademais, o satélite avaliará as propiedades físicas vitais de cada estrela, inclúe a temperatura, a luminosidade e a composición. O censo resultante permitirá aos astrónomos determinar a orixe e a evolución da galaxia.

“Os instrumentos de Gaia son tan precisos que desde a Terra poderíase medir o pulgar dunha persoa”, dixo o director xeral de Tedae, César Ramos.Gaia comunicarase coa Terra oito horas diarias nas que mandará datos científicos e datos propios que permitirán ao control coñecer o estado do aparello.

FONTE:http://www.cienciaxplora.com/astronomia/satelite-gaia-creara-mayor-mapa-via-lactea_2013121900067.html

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta