Lentillas para diabéticos

Una de las lentes de contacto inteligentes diseñadas por Google para medir los niveles de glucosa en las lágrimas mediante sensores diminutos y un chip.

Nos laboratorios de investigación de Google están a traballar en lentes de contacto intelixentes que se poderán levar sempre postas e que servirán para medir o nivel de glicosa das lágrimas, axudando así ás persoas que padecen diabetes a levar un control máis preciso desta do que obteñen na actualidade cos sistemas de análise de sangue.

A medida da cantidade de azucre das secrecións lacrimais faránse moi frecuentemente por parte das lentes, case unha vez por segundo. Os datos obtidos almacenaránse nun chip integrado na propia lentilla e poderán ser transferidos aos teléfonos móbiles mediante radiofrecuencia. Deste xeito, poderán tamén recargarse, aínda que consumen moi pouca enerxía.

O prototipo fabricado usa unha pequena antena anular e dous procesadores, un para medir o nivel de glicosa e outro, para xestionar as comunicacións. Todos os compoñentes están situados entre dúas capas feitas do mesmo material usado nas lentes convencionais. Google estuda tamén como engadir nelas unha pequena luz LED que parpadearía no caso de que os niveis de glicosa foran demasiado altos ou baixos. Todas estas características poderían variar nos próximos meses, xa que por agora, a investigación está na súa fase inicial.

FONTES: elmundo.es , tecnologia.elpais.com , rtve.es

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes, Nanotecnoloxía. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta