Os nenos confían máis nas persoas atractivas

Un experimento levado a cabo pola Universidade de Harvard (EE UU) revela que os nenos con idades comprendidas entre 4 e 5 anos confían máis na información que lles proporciona unha persoa fisicamente atractiva que no que lles di un individuo a quen consideran feo.

No ensaio, os nenos debían porlle nome a seis obxectos que descoñecían. E suxeríaselles que, para levar a cabo a tarefa, pedisen axuda a un adulto. Ao ensinarlles as fotos de dous suxeitos aos que non coñecían e pedirlles que indicasen cal deles crían que sabería a resposta (e por tanto a quen lle preguntarían), os rapaces escollían maioritariamente ao suxeito co rostro máis belo como informador “fiable”. “Os nenos confían máis nas persoas con trazos faciais atractivos, a pesar de que non hai ningún motivo para pensar que iso lles faga ter máis coñecemento ou máis información”, conclúe Igor Bascandziev, coautor do traballo que publica a revista British Journal of Developmental Psychology. O seu obxectivo agora é determinar se esa predisposición mantense a medida que crecen.

Fontes:

http://www.zocalo.com.mx/seccion/articulo/ninos-confian-mas-en-una-cara-bonita-1383181435

http://www.muyinteresante.es

http://quo.mx/2013/10/30/pragmatas/los-ninos-confian-mas-en-una-cara-bonita

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.