Pinocho dicía a verdade… co nariz

Cando unha persoa minte, prodúcese un “efecto Pinocho” debido ao cal a temperatura da punta do seu nariz cambia, á vez que se incrementa a temperatura na zona do músculo orbital, na esquina interna do ollo.
Doutra banda, se realizamos un gran esforzo mental, o nariz arrefríase, mentres que ante un ataque de ansiedade prodúcese unha subida xeral da temperatura facial. Son as conclusións que se desprenden dunha investigación pioneira con termografía realizada no departamento de Psicoloxía Experimental da Universidade de Granada (UGR), España.

Fontes: Muyinteresante.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta