Descobren vapor de auga nun planeta do cinto de asteroides

O descubrimento de auga noutros planetas é de suma importancia para a ciencia e a exploración doutros mundos pois se asocia á posible existencia de vida fóra do noso planeta. Grazas ao observatorio espacial Herschel da ESA (Axencia Espacial Europea) atopouse por primeira vez vapor de auga nun obxecto do cinto de asteroides, o planeta anano Ceres. Tan só ten un diámetro de 950 quilómetros e con todo é o maior obxecto do cinto de asteroides, situado entre as órbitas de Xúpiter e Marte. Ademais, este pequeno planeta, a diferenza da maioría de asteroides é practicamente esférico.

Agora acaban de detectar vapor de auga na súa atmosfera e xeo na súa superficie. De feito, segundo puideron comprobar os científicos, que practicamente todo o vapor procede únicamente de dous puntos da súa superficie. Os cálculos dos investigadores fanlles pensar que se están producindo un 6 kg de vapor de auga por segundo, o que significaría que só unha pequena fracción de Ceres está cuberta de xeo. Estes dous puntos de emisión de vapor son un 5% máis escuras que o resto da superficie, o que significa que absorben máis luz solar e deberían ser máis cálidas. Este feito favorecería o fenómeno de sublimación da auga (o paso do estado sólido directamente a gas), do mesmo xeito que ocorre nos cometas.

En 2015 está previsto que a misión Dawn da NASA (Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo) chegue a Ceres para estudar a súa superficie e observar como se producen e evolucionan as emisións de vapor de auga.

Fonte: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta