Un equipo internacional de astrónomos acaba de descubrir un planeta moi parecido á Terra que orbita ao redor dunha estrela anana vermella a uns 200 anos luz de nós. Segundo os cálculos científicos ten un peso moi parecido ao da Terra pero o seu diámetro é un 60% maior, o que indica que debe ter unha atmosfera gasosa moi grosa.
“Este planeta podería ter a mesma masa que a Terra, pero certamente non é parecido á Terra”, explica David Kipping, investigador do Centro de Astrofísica Harvard-Smithsonian (EE.UU.). De feito, tendo en conta que tarda en orbitar á súa estrela uns 23 días e que a súa temperatura supera os 100 ºC, o equipo de investigación dubida de que exista a vida tal e como a coñecemos.
Koi-314c, como se bautizou a este planeta, é tan só un 30% máis denso que a auga, o que suxire que está envolto por unha atmosfera de centos de quilómetros de espesor formada principalmente por hidróxeno e helio.
Fonte:http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubierto-un-hermano-gordo-de-la-tierra-741389099950