Posible revolución no ámbito da medicina personalizada.

Un grupo de investigadores anunciaron o mércores 29 de xaneiro un descubrimento importante que podría axudar a desenvolver tratamentos médicos máis personalizados: a creación de células nais.

Como o fan?

En estudios anteriores demostrárase que as células da pel podían ser reprogramadas xeneticamente para convertilas en células nais. O problema era que non atopaban un método adecuado para facelo. Agora, científicos xaponeses descubriron que  se poden crear rapidamente con só introducir células sanguíneas en ácido, según conta un novo traballo publicado na revista Nature. Os científicos agregaron que se esta proba ten éxito non só se poderían eliminar semanas no proceso de creación, senon que tamén se aforrarían cartos, posto que os compoñentes necesarios son máis baratos, ademais de novas posibilidades nos campos da medicina rexenerativa e na obtención da cura contra o cancro.

Este avance logrouse con células sanguíneas de ratos. Agora a investigación quere lograr os mesmos resultados co sangue humano. Chris Mason, profesor de medicina rexenerativa na University College London, dixo que, de confirmarse que tamén funciona con humanos, a era da medicina personalizada chegaría finalmente.

É unha auténtica revolución posto que os embrións son unha gran fonte de células nai, pero a súa manipulación ten un gran peso ético, co cal este método sería moito máis eficaz e evitaría problemas.

Por que son tan importantes as células nais?

As células nais son células ca capacidade de convertirse en moitos tipos distintos de células do organismo. Tamén funcionan como un sistema reparador do corpo. Os médicos e os científicos están entusiasmados con ditas células, posto que teñen moito potencial en moitas áreas da saude e da investigación médica. O estudo delas pode axudar a explicar como  se producen algúns defectos conxénitos ou incluso o cancro. Algún día poderán utilizarse para producir células e tecidos para o tratamento de moitas enfermidades como o Parkinson, o Alzheimer, os traumatismos na médula espiñal, a diabete, etc.

 

 

 

 

Fontes: http://www.bbc.co.uk/mundo/temas/ciencia/

http://www.nature.com/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta