O día 4 de febreiro, celébrouse o día mundial contra o cancro polo que é necesario acordarse de toda a xente que sufre esta enfermidade.
Actualmente o cancro é unha das enfermidades máis graves ainda que, por sorte, en moitos casos supérase. Os pacientes, nos que a recuperación pasa de ser unha soño a unha realidade, teñen que enfrontarse a unha serie de efectos secundarios producidos pola quimioterapia e radioterapia, que causan efectos tanto a nivel físico como psíquico. Os efectos que causan son diversos dependendo da patoloxía e da agresividade do tratamento, os máis comuns son a perda co cabelo a nivel físico e a nivel psíquico, os pacientes perden a autoestima, teñen medo a que a enfermidade volva e que os faga sufrir de novo.
O principal para os médicos á hora de tratar un paciente de cancro é que a enfermidade desaparezca, pero isto ten secuelas que tamén lles preocupan moito. Unha das secuelas que máis preocupa e a estética, que fai que os pacientes perdan a autoestima xa que o aspecto que teñen cando acaban os tratamentos e completamente diferente ó que tiñan antes da enfermidade. Dentro da estética o que máis soe preocupar os pacientes é a perda de pelo, durante a enfirmidade e o tratamento perden o pelo, o que lle afecta de forma moi negativa as mulleres que queren que a súa imaxe sexa a de sempre.
A perda de pelo depende do tipo que cancro que se padeza e da agresividade do tratamento co que se trate o paciente. No caso da radioterapia o pelo perde grosor, vitalidade, capacidade de crecemento e brillo, coa quimioterapia producese unha perda do pelo.
Estudos recentes din que entre un 10 e un 15% dos pacientes con cancro non chegan a recuperar o pelo. Este dato é preocupante debido a que a perda do cabelo pode chegar a xerar problemas psicolóxicos.
Fontes: www.europapress.es