Rematar de cabeza, un riesgo para el cerebro y la memoria

O fútbol é un dos deportes máis populares en todo o mundo. Os xogadores son vistos como ídolos e nalgúns casos reciben importantes sumas de diñeiro pola súa pericia no manexo do balón. Pero, podería ter o fútbol algún custo para eles? Según os datos publicados na revista Radiology, podería depender do número de veces que lle dean ao balón coa cabeza. Michael L. Lipton e os seus colaboradores investigaron se existe algunha relación entre golpear de cabeza o balón e a presenza de evidencias subclínicas de dano cerebral traumático.

Un total de 37 xogadores de fútbol amateurs participaron no estudo, no que se lles pediu que completasen un cuestionario sobre a cantidade de golpes ao balón que deran coa cabeza nos 12 meses anteriores ao test, así como a historia de traumatismos previos. Todos eles completaron unha avaliación das funcións cognitivas cunha batería de test por computador e, ademais, realizáronselles resonancias magnéticas con tensor de difusión, un método que permite analizar a estrutura das fibras da sustancia branca cerebral.

Os resultados mostraron que os futbolistas participantes na investigación deran unha media de 432 golpes ao balón coa cabeza durante o ano anterior ao estudo. O feito de propinar cabezazos ao balón asociouse cunha menor anisotropía fraccional en zonas temporo-occipitales do cerebro, sinalando alteracións na microestructura da sustancia branca cerebral. Este dato, á súa vez, asociouse con peores rendementos no test de memoria, sobre todo ao exceder os 1800 golpes ao ano. Facer deporte é xeralmente saudable, mesmo economicamente rendible para moitos, pero podería non estar exento de riscos para a saúde cognitiva. Cóidache e non esquezas adestrar tamén o teu cerebro.

www.planetacurioso.com

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta