Preservativos de grafeno: o futuro do condón

O preservativo masculino é o método de control da natalidade e prevención de enfermidades venéreas mais antigo, aínda que se popularizou a mediados do s. XIX. Ó mesmo tempo, o material do que está confeccionado cambiou ao largo da existencia. Se o primeiro condón estaba feito de tripas de animais, hoxe temos ao látex como principal material. Pero, se todo sae ben, moi pronto haberá unha verdadeira revolución no mundo dos métodos anticonceptivos, xa que todo indica que no futuro será posible contar con condóns de grafeno. Cales serán as ventaxas? Ben, imos averiguarlo.

Que é o grafeno?

O grafeno é un material formado por carbono, moi delgado, así como resistente e maleable. É incluso mais forte que o aceiro ,polo que os seus usos poden ser extremadamente variados.

Unha lámina de grafeno é moi delgada, xa que ten o espesor dun átomo e a súa resistencia pode ser comparable á dos diamantes (pero moito máis barato). Os sus descubridores gañaron o Nobel de física no 2010.

A fundación creada por Bill e Melinda Gates está dedicada, entre outras cousas, á investigación para a prevención e tratamento do SIDA. Ata agora, o uso do preservativo é a mellor forma de prevención existente. Pese a esto, o seu uso non está masificado.

Por todo esto, a final do 2013, os Gates chamaron a un concurso para que a comunidade científica logre crear un preservativo mais efectivo e cómodo, sendo o grafeno un dos materiais preferidos. Aos científicos gañadores entregóuselles $100 mil dólares para desenrolar o seu proxecto.

O preservativo de grafeno ofrecería a solución perfecta para todas as obxeccións sobre los condóns actuais; ademais, sería mais efectivo, xa que as súas posibilidades de romperse son practicamente nulas, dada a resistencia do material.

Se ben entre as propostas está o uso doutros compostos como el polietileno e coláxeno, o  grafeno  presentase como la mellor solución, e é probable que moi pronto nos encontremos con condóns fabricados con este material e que non serían mais custosos que os actuais.

Fontes:

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta