Por que choramos ao cortar cebolas?

 

En 2002, un científico xaponés decidiu investigar acerca da reación que ten lugar ao cortar unha cebola. Tras moitas investigacións, chegou á conclusión de que, ao cortar a cebola cun coitelo, rómpense multitude de células que derraman o seu contido, substancias químicas cun enzima ao que chamou “factor lacrimal sintasa”. Este enzima desencadea una serie de reacións  químicas que transforman aminoácidos celulares en outros produtos xerando, ao contactar coa auga, Sin-Propantial-S-óxido, unha substancia volátil rica en xofre que impregna o aire e que, canto chega aos nosos ollos húmidos, reacciona e da lugar a ácido sulfúrico (entre outros compostos). Os ollos irrítanse a causa da acción do ácido e, polo tanto, segregan lágrimas para defenderse. Esta teoría explica por que cando unha cebola está enteira podemos manipulala sen chorar xa que as súas paredes celulares están todavía intactas.

Hai varios remedios a este fenómeno, como mollar a cebola antes de cortala para que se produzan nesa auga as reaccións químicas, conxelar a cebola uns minutos antes de utilizala para ralentizar a velocidade das reaccións ao cortala ou respirar pola boca para así inhalar o aire máis lonxe dos ollos. Tamén hai á venda cebolas modificadas xeneticamente que non conteñen este enzima.

 

Fontes de información:

http://cienciadesofa.com

http://cienciaes.com

http://silviamar.com

http://muyinteresante.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.