Como todos sabemos, a táboa periódica está composta por máis de cen elementos, pero cal é a orixe dos seus nomes?
A maioría deles reciben o seu nome segundo as súas cacterísticas. Por exemplo, o Cloro provén do grego Chloros, que significa “amarelo verdoso”. Outro caso é o do Iodo, que debe o seu nome á palabra grega Iodes, que significa “violeta”.
Uns poucos deben o seu nome a paises ou lugares, como é o caso do Francio (Francia) ou do Scandio (“Scandia”, que significa Escandinavia).
Outros poucos recibiron o seu nome de planetas ou asteroides, como ocorre co Plutonio (Plutón) ou co Uranio (Urano).
Logo hai algúns que fan referencias a seres mitolóxicos, como o Torio, que provén do deus nórdico Thor, ou o Prometio, que provén de Prometeo.
Tamén existen elementos que levan o nome dalgúns científicos: o Curio (Curie), o Einstenio (Einstein), o Mendelevio (Mendeléiev), o Nobelio (Nobel), etc.
Finalmente, existen unha serie de elementos da táboa periódica que simplemente deben o seu nome a palabras procedentes do latín, do grego, do árabe… Este é o caso do Chumbo (do latín Plumbum), do Neón (do grego Neos), do Boro (do árabe Buraq), etc.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ies_boabdil/departamentos/nombquim.htm