Como conseguiu Móises abrir as augas do Mar Vermello

 

Moisés separando as augas do Mar Vermello

Segundo conta o libro do Éxodo, Moisés foi o elixido por Deus para liberar ao pobo de Israel do faraón exipcio e levalo á “terra prometida”. Resulta que para chegar a ela debían cruzar o Mar Vermello. Cando chegaron ante el, os israelitas pensaron que non darían pasado e que serían collidos polo faraón e os seus soldados, que os seguían. Pero ante o asombro de todos, Moisés dividiu as augas, permitindo así que cruzase o seu pobo e que os exipcios morresen afogados cando estas se volveron unir.

Durante séculos considerouse que este fora un acto divino feito por Deus para axudar ao seu pobo. Pero nos últimos anos tratouse de atopar unha explicación científica, e, finalmente, uns investigadores americanos o conseguiron.

O que fixeron estes científicos estadounidenses foi buscar unha zona do mar cercana ao norte de Exipto na que houbese un anaco de terra que penetrase no mar e que estivese preto da outra beira. Logo, mediante unha simulación virtual, “soplaronlle” ventos de máis de 100 Km/h desde o leste durante 12 horas. O resultado foi, como se narra na Biblia, que se levantaron dúas paredes de auga que deixaron unha zona de terra seca no medio.

 

http://www.muyinteresante.es/historia/articulo/fisicos-estadounidenses-explican-la-division-de-las-aguas-del-mar-rojo-por-moises

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta