TOTAS, o novo cometa

TOTAS,  unha pequena mota de luz que orbita  nas profundidades do noso sistema solar é o novo integrante dos cometas coñecidos até o de agora. Este descubrimento é grazas ao equipo astronómico da Axencia Espacial Europea (ESA), no Teide Observatory Tenerife Asteroid Survey( TOTAS) e, por esto foi chamado así.

Este cometa, detectouse sen querer, o pasado 1 de febreiro, mentras se realizaban unha serie de observacións rutinarias desde a estación de seguimento óptico da ESA na illa de Tenerife. o descubrimento foi corroborado polo Centro de Planetas Menores da Unión Astronómica Internacional (IAU).

Ainda que  se descoñecen os detalles deste astro, salvo que orbita entre Xúpiter e Marte os astrónomos confirman que non se acercará a Terra.

Non é a primeira vez que este equipo realiza un descubrimento, xa que no 2011 descubriron o asteroide 2011 SF108, que orbita moito mais cerca do noso planeta.

descubren-nuevo-cometa-tierra-jupiter_2014021300193.html

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/totas-el-nuevo-cometa-descubierto-por-la-esa-361392285650

http://www.antena3.com/noticias/ciencia/descubren-totas-nuevo-cometa-tierra-jupiter_2014021300331.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.