Nova sustancia para fabricar papel impermeable

Oriol Cusola, investigador catalán de 29 anos patentou unha sustancia que permite modificar  as propiedades de produtos de celulosa como o papel ou o cartón converténdoos en impermeables.
O xenial desta sustancia, ademais de ofrecer moitas posibilidades para as empresas papeleiras, é que non implica ningún custo millonario e que non hai que parar a produción industrial para aplicar o devandito produto.

O revolucionario é a facilidade de utilizar o composto. Unha vez se fabrica o papel, fíxase o produto á superficie deste e de forma inmediata terá as propiedades hidrofóbicas desexadas, pero sen perder ningunha das calidades de escritura ou impresión que posúe, aclara o inventor. A sustancia a aplicar é líquida, pero se se desexa, poderíase modificar para facilitar o seu uso.

Oriol Cusola explica que este composto está elaborado a partir de produtos naturais e enzimas, polo que ao non utilizar reactivos químicos nocivos, á hora da reciclaxe do papel supón unha comodidade adicional ao proceso.
As posibilidades que se abren con esta proposta son inmensas. Non só achega calidades novas e útiles ao papel como a impermeabilidade, senón que ao non perder ningunha das súas outras propiedades de composto celuloso farán que revolucione o mercado grazas ao baixo investimento que leva implantalo e a súa facilidade de uso.

 

Fonte de información:

http://www.muyinteresante.es/innovacion/tecno/articulo/nuevo-compuesto-para-fabricar-papel-impermeable-631394111614

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.