O escudo invencible das formigas tolas

Un tipo de formiga, a Nylanderia fulva ou tamén chamada formiga tola, unha especie de formiga invasora, ten unha efectiva forma de neutralizar aos insectos que tentan cazalas co seu veleno.

O sistema é tan sinxelo como práctico: a formiga segrega un ácido no abdome que unta por todo o seu corpo, neutralizando así o ataque venenoso doutros insectos máis poderosos como a formiga de lume ou formiga vermella , cuxo veleno é tanto insecticida como antibiótico e causa a morte dos insectos de pequeno tamaño.

O estudo, desenvolvido por investigadores da Universidade de Austin (Texas), e publicado na revista Science, detallou como grazas a este efectivo sistema de defensa, a especie invasora está a desprazar a outras especies de insectos, xa que o escudo químico fainas practicamente invencibles. Trátase ademais da primeira vez que existe a certeza de que un insecto sexa capaz de neutralizar as toxinas doutra especie. Este suceso, froito da evolución, podería conducir á dominación, por parte desta formiga invasora, de todo o territorio do sur de Estados Unidos.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/

https://www.utexas.edu

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta