Un virus conxeado durante 30.000 anos volve á vida

Un equipo de investigación do Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia recuperou un virus atrapado no permafrost, unha capa de solo xeada que cubre amplas zonas das rexións polares ou próximas ós glaciares, e logrou que recupere a súa capacidade infecciosa.

Según describen istos expertos na revista Proceedings of the National Academy of Sciences, as datacións por radiocarbono da mostra de solo onde atopouse este axente revelaron que levaba conxeado na tundra de Chukotka, no este de Siberia, onde a temperatura media anual ronda os 13 grados baixo cero, uns 30.000 anos.

Isto é, o virus, denominado Pithovirus sibericum, coexistiu cos neandertais e os mamuts. Tras liberalo, os científicos observaron cómo se replicaba nunha placa petri e conseguía infectar unha ameba, un organismo unicelular.

Aunque este virus é de gran tamaño, posúe 500 xens, mentres que o da gripe, por exemplo, so ten 8, é inofensivo para os animais, humanos incluidos.

Non obstante, os investigadores advirten que o calentamento global ou a explotación dos distintos recursos nas rexións árticas poderían poñer ó descuberto perigosos patóxenos que permanecen aprisionados no solo xeado.

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/un-virus-congelado-durante-30-000-anos-vuelve-a-la-vida-471393925345

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta