A auga embotellada ten máis polonio radiactivo ca da billa

Las dosis halladas están por debajo de los niveles de referencia fijados. (Corbis)

Os investigadores do Centro Nacional de Aceleradores e a Universidade de Sevilla, analizaron 32 marcas comerciais de auga embotellada e detetaron unha notable concentración de polonio-210 nalgunhas mostras, chegando a superar en 100 veces á da auga da billa.

A concentración rondaba entre os 0,6 e 40 milibecquerelios (mBq) por litro, frente ao mBq/litro da auga da billa, que é potabilizada. Esta cantidade é similar á de outras augas minerais europeas e queda lonxe dos límites considerados como perigosos. Os datos da investigación revelaron tamén que os nenos de entre un e sete anos reciben unha dosis máis elevada co resto das persoas debido a súa menor masa corporal.

O polonio-210 é unha sustancia radioactiva que se atopa de forma natural no chan e na atmosfera, e chega á auga a través das rochas dos acuíferos e manantiais. Cando se acumula unha dosis moi alta en distintas partes do corpo (fígado, bazo, riles…) este pode orixinar danos celulares.

Fontes:

http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-agua-embotellada-tiene-mas-polonio-radiactivo-que-la-del-grifo-aunque-sin-alcanzar-valores-preocupantes

http://www.muyinteresante.es/salud/articulo/el-agua-embotellada-contiene-mas-polonio-que-la-del-grifo-761394454782

http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2014-03-07/el-agua-embotellada-tiene-mas-polonio-radiactivo-que-la-del-grifo_98392/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.