Descobren cando desenvolveron os cetáceos o seu sónar natural

Os golfiños, marsopas e, en xeral, as baleas dentadas, como as orcas, utilizan un sistema sensorial denominado ecolocalización que lles permite emitir ondas sonoras e interpretar os ecos que xeran cando rebotan nos obxectos da súa contorna, por exemplo unha presa. Deste xeito, poden determinar a distancia á que se atopa, a súa posición, tamaño e mesmo recoñecer o terreo circundante.
Agora, Jonathan Geisler, profesor de anatomía no Instituto de Tecnoloxía de Nova York, pescudou que un devanceiro destes animais xa contaba con este biosónar fai 28 millóns de anos. Segundo recolle a revista Nature, Geisler, en colaboración cun equipo de expertos da Universidade de Texas, en Austin, e o College de Charleston, chegou a esta conclusión tras examinar os fósiles dun cetáceo extinto, pouco maior que un golfiño, coñecido como Cotylocara macei. Os científicos compararon os seus restos coas doutras especies vivas e desaparecidas e acharon que un antepasado común a Cotylocara macei e a outros odontocetos desenvolveu unha rudimentaria forma de ecolocalización fai entre 35 e 32 millóns de anos. O rexistro fósil mostra que a partir dese momento produciuse un aumento progresivo no tamaño e complexidade dos músculos e sacos aéreos nasais que controlan o mecanismo que xera os sons.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/

http://www.nyit.edu/

https://www.cofc.edu/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta