Novo software que permite aos cegos ver con sonidos.

Un equipo de investigadores da Universidade Hebrea de Xerusalén (Israel), liderados polos neurocientíficos Amir Amedi e Ela Striem-Amit, descobren un novo software que permite ver aos cegas mediante sons. O software baséase simplemente nun sistema que converte imaxes en secuencias de son. Esta nova tecnoloxía non só capacita de visión aos cegos, senón que cuestiona a maneira na que os neurólogos cren que está organizado o cerebro.

Para o estudo, utilizaron a un grupo de persoas que nacera con cegueira. Tras 70 horas de formación co software e a pesar de non ter ningún punto de referencia visual, os individuos foron capaces de ver imaxes completas de rostros compostos por 4.500 píxeles. Ademais, tras 10 horas de adestramento extra para recoñecer siluetas humanas, os participantes do estudo conseguiron detectar a postura exacta da persoa representada no paisaxe sonoro. O sorprendente do estudo é que os investigadores descubriron que a actividade cerebral, ao contrario da crenza xeral de que o cerebro reutiliza os sentidos que non están dispoñibles para mellorar outros sentidos como o auditivo, activábase cando os participantes estaban a interpretar siluetas humanas en base a sons. A neurocientífica Ela Striem-Amit
da Universidade de Harvard cre que é hora de establecer un novo modelo organizativo do cerebro: Resulta que o cerebro é unha máquina de traballo, non unha máquina sensorial; ten áreas que procesan as formas do corpo co son, polo que a cortiza visual non só procesa información visual.

Fonte de información:

http://www.muyinteresante.es/innovacion/medicina/articulo/un-nuevo-software-permite-a-los-invidentes-ver-con-sonidos-951394195799

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta