A compañía de voos espaciais comerciais Golden Spike, que ten como obxectivo levar a cabo viaxes turísticas á Lua a partir de 2020, uniuse á empresa Honeybee Robotics para deseñar os vehículos que farán realidade este proxecto e que se comezarán a deseñar “en breve”.
O Presidente de Golden Spike, Alan Stern, asegurou estar “moi orgulloso de traballar con Honeybee Robotics pola súa experiencia e historial”, en referencia ao desarrollo de numerosos sistemas de voo para a NASA.
O anuncio de programar viaxes turísticas ao satélite da Terra produciuse en 2012. A compañía planea que cada unha destas visitas supoña un coste duns 1.500 millons de dólares. Pero o custo detas viaxes non se saberá ata que ambas compañias completen as probas preliminares do deseño dos vehículos, o que se plantea para mediados deste ano.
Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140107/abci-nave-turismo-luna-201401071427.html
Feito por: Xiana Carracedo