As baleas tamén se broncean para protexerse do sol

Os raios ultravioleta (UV) non só son  daniños para os seres humanos. Tamén poden causar lesións na pel das baleas. Biólogos e dermatólogos ingleses, estadounidenses e mexicanos analizaron por primeira vez os efectos xenéticos da exposición a raios UV en mostras de pel de baleas azuis (Balaenoptera musculus), baleas de aleta (Balaenoptera physalus) e cachalotes (Physeter macrocephalus) durante a súa migración anual ao Golfo de California. E demostraron que algunhas especies se protexen do sol “póndose morenas”, segundo publican hoxe na revista Nature.

As baleas azuis teñen unha pigmentación pálida, e durante esta migración a zonas asolladas o pigmento da súa pel aumenta, á vez que se incrementa o dano que experimenta o ADN dos seus mitocondrias, as centrais enerxéticas das células. Este dano é causado pola exposición aos raios ultravioleta e é similar ao que atopamos na pel humana que experimentou queimaduras solares.

Por outra banda, tanto o cachalote como as baleas de aleta, máis escuras, protéxense do sol incrementando a expresión de xenes relacionados coa reparación do dano provocado. E segundo o estudo, as baleas de aleta son as que teñen a incidencia máis baixa de queimadura dos cetáceos analizados

Fonte: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta