A futura choiva de estrelas será impresionante

Segundo as prediccións dos expertos, a choiva de estrelas que terá lugar o vindeiro mes de maio, será unha das máis intensas e espectaculares do ano. Este tipo de choiva de estrelas, nunca foi vista antes, o cal denota un gran interés por parte dos aficionados e dos astrónomos. Este acontecemento débese grazas a que o cometa 209P/Linear, cuxo achazgo se produciu no 2004 e do que temos pouca información, pasará moi cerca do Sol.

A noite máis intensa, na cal poderemos apreciar con maior intensidade dende a Terra como as partículas deste cometa se convirten en impresionantes destellos no ceo, será o 24 de maio. Este futuro acontecemento é denominado polos astrónomos como “auténtica tormenta de meteoros”.

Os observatorios astronómicos pensan que habrá  entre duascentas e mil estrelas fugaces por hora, cando o normal serían unhas cen por hora.

Outra peculiaridade mais desta choiva de estrelas é deixando á marxe que será moi activa, tamén será magnífica, xa que a fragmentación do cometa permitirá que vexamos as “estrelas fugaces”  moito mais brilantes. Doutra banda, a Lúa aportará o seu gran de area, xa que estará en fase crecente, co cal o ceo terá a escuridade necesaria para unha visualización perfecta.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/la-proxima-lluvia-de-estrellas-de-mayo-sera-un-espectaculo-sin-igual-481394101181

http://www.abc.es/ciencia/20140305/abci-lluvia-meteoros-nunca-vista-201403041843.html

http://www.europapress.es/ciencia/noticia-anuncian-mayo-lluvia-estrellas-nunca-vista-antes-20140305180029.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta