Canto tarda unha pinga de chuvia en caer ó chan?

O tempo transcorrido dende que unha pinga de auga abandona a nube e cae ao chan está condicionado por tantos factores que fan case imposible predicilo con exactitude.

Supoñendo un escenario ideal no que a pinga sexa perfectamente esférica e indeformable, que non haxa vento para que a traxectoria de caída sexa perpendicular ao chan e que a velocidade sexa constante, sobre a pinga actúan dúas forzas; o seu propio peso e a resistencia ao avance que opón a atmosfera.
Newton propuxo unha fórmula empírica que, tendo en conta estes datos, calcula a velocidade de caída e, por tanto, o tempo que tarda a pinga en descender desde unha altura determinada. Como exemplo, e supostas as condicións anteriores unha pinga de 5 mm de diámetro que cae desde unha nube a 1.800 metros de altitude tarda en chegar á superficie uns 4,5 minutos.

 

Fontes: Curiosidades científicas

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta